Volta a portada A Ruta do Porto A Ruta dos Naufraxios A Ruta da Enerxía Ruta etnográfica A Ruta da Pesca A Ruta do Litoral
 

Ruta do porto

 

  • Dar a coñecer a profesión de mariñeiro.
  • Mostrar a evolución histórica dun porto de pesca artesanal.
  • Introducir no coñecimento das distintas artes de pesca e marisqueo.
  • Coñecimento dun dos xeitos de conservación do peixe.
  • Distinguir os distintos tipos de embarcacións e as súas partes .
  • Ensinar as actividades que se realizan nun porto.
  • Comprender o funcionamento dunha lonxa.

    Podes ver un caderno de campo dunha visita a esta ruta..

 
 
 

Ruta do porto

 

Nas instalacións da Confraría de Lira darásevos a benvida. De seguido, trasladarémonos á caseta de Pepe de Cuco, unha antiga construción mariñeira rehabilitada na actualidade para albergar unha exposición sobre a historia do porto, artes de pesca e marisqueo e embarcacións tradicionais e conta co único encascadoiro que se pode visitar na actualidade en toda a Galicia.
A continuación dirixirémonos ás ruínas dun almacén de salgado onde explicaremos o proceso da salga e a súa importancia. Seguiremos ó longo do paseo, cunha parada na rampla vella para explicar as distintas partes dunha embarcación.
Camiñamos cara a rampla nova, onde falaremos cos mariñeiros e halaremos as nasas que previamente foron largadas. Daremos unha volta polo peirao para identificar as distintas instalacións, e ver in situ as artes de pesca máis utilizadas na actualidade.Por último, explicarase o funcionamento da lonxa e ralizaremos unha poxa á maneira tradicional e outra electrónica..

Podes ver un caderno de campo dunha visita a esta ruta.
 
 
 

Ruta do porto

 

 

  • Manexo das nasas.
  • Clasificación das especies capturadas nas nasas.
  • Medición das distintas especies capturadas.
  • Participación no pesado, clasificación e posterior poxa do polbo.

 

Podes ver un caderno de campo dunha visita a esta ruta.

 
 
              Obxectivos   Ruta   Actividades

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
Voltar a portada Contacto informativo