| NOVA WEB DA CONFRARÍA |
| Nas vindeiras datas poderemos disfrutar de novos contidos na páxina web da confraría, que se está a construir, e onde ademáis albergará cumprida información sobre o proxecto Mardelira. |
| Paquete turístico "Dias Mariñeiros" |
| Dende o Proxecto Mardelira e coa colaboración do sector hostaleiro da zona estamos a poñer en marcha un paquete turístico en colaboración con Viaxes Marsáns.
O paquete incluiría aloxamento en Albergues, Hostais, Pensións, Casas de turismo Rural, etc.. e actividades en Mardelira asi como degustación na hora do xantar de productos do noso mar.
A intención e empezar a traballar co paquete a finais do verán pois ten como obxectivo ademais de dar a coñecer o mundo do mar ás sociedade, atraer un turismo interesado no mundo do mar e en coñecer esta zona tamén en "Temporada baixa".
|
| NOVA ACTIVIDADE: PESCA DEPORTIVA SOSTIBLE |
| Dentro do “Proxecto Mardelira” temos unha nova actividade encamiñada a promover
a pesca deportiva sustentable.
Podes embarcarte con un patrón e experto mariñeiro que che ensinará todo o necesario para ter un día de pesca inesquecible.
O único requisito será respectar topes, respectar vedas e tamaños, respectar o mar e desfrutar del.
¿Ves pescar con nós? Infórmate
|
| APROBACIÓN PRIMEIRA RESERVA MARIÑA DE GALICIA |
| O Consello da Xunta aprobou no día de onte o Decreto polo que se crea a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro "Os Miñarzos" en Lira. Casi catro anos despois da presentación da proposta diante da Consellería de Pesca, a comunidade pesqueira de Lira recibe con satisfación a nova da aprobación do decreto que regulará a primeira Reserva mariña de Galicia. A particularidade desta iniciativa radica en que foi prantexada polos propios pescadores e a súa xestión vai ser compartida entre administración e sector pesqueiro. |
| MARDELIRA EN FITUR |
| MARDELIRA ven de participar na Feira Internacional de Turismo (FITUR - Madrid)presentando a iniciativa de TURISMO MARIÑEIRO, coa presencia do Director Xeral de Turismo, Ruben Lois, e acadando un importante éxito en base ós diversos contactos que se estableceron. Tanto turoperadores, como axencias de viaxes, e revistas especializadas solicitaron información e destacaron o aspecto inoovador da iniciativa que resulta moi chamativa e interesante. |
| EXPOSICIÓN "AREAS MARIÑAS PROTEXIDAS" |
| Desde o 8 ao 26 de Xaneiro está montada unha exposición sobre AREAS MARIÑAS PROTEXIDAS no Salón de Actos do Concello de Carnota, organizada polo CEIDA e coa financiación das Consellerías de Pesca e Asuntos Marítimos e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible dentro do programa AMARES de uso Sostible do mar. O Martes, 23 de xaneiro será clausurada polos Directores Xerais de Recursos Mariños, D. Francisco N. Fernández Cortés e o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, D. Emilio Fernández Suarez. |
| Comenzamos as actividades deste curso 2006-2007 |
| Co novo curso escolar, dende Mardelira escomenzamos novamente coas actividades dirixidas ós escolares.
Na actualidade xa escomenzamos co Programa ISCAR que oferta actividades os centros escolares do entorno do Porto de Lira.
Ante a demanda que nos esta a chegar xa por parte dos centros escolares de Galicia, comunicamos que fagades canto antes a vosa reserva de actividades para este ano e consultedes as distintas rutas e tarifas.
¡Esperámovos un ano mais en Mardelira!
|
| EXPOTURAL 2006 |
| A Confraría de Pescadores de Lira co seu Proxecto Mardelira, estará presente na Feira EXPOTURAL 2006 que se celebrará no pabellón de Cristal do Recinto Ferial de Madrid dende o próximo 29 de Setembro ata o 1 de Outubro.
O día 29 de Setembro terá lugar a presentación "Rías Gallegas: Turismo Mariñeiro/Pesqueiro" no stand de TURGALICIA.
|
| Turismo Mariñeiro. |
| Debido a parada biolóxica do polbo, as embarcación participantes na actividade de Turismo Mariñeiro, non poden saír ó mar ata o día 20 de xullo, desculpen as molestias. |
| Os naufragos do Ariete recordan o naufraxio en Ard |
| O pasado 18 de Abril con motivo da festividade da Virxe dos Remedios, algúns dos naufragos do Ariete achegáronse a Lira para lembar os momentos vividos no naufraxio e agradecer á xente de Lira e dos arredores, a súa participación no rescate dos naufragos.
Os mariñeiros tiveron palabras de agradecemento para as mulleres que se volcaron de xeito especial no salvamento, acolléndoos como si fosen fillos ou irmáns.
Dentro das actuacións que se levan a cabo con motivo deste aniversario a Confraría de Lira editou un libro "O Salvamento do Ariete" con textos de Sandra Rey e debuxos de Alberto Lema basado na copla que o veciño de Lariño, Xosé de Torea, escribira con motivo daquel naufraxio. |
| O Ariete: 40 anos na nosa memoria |
| O pasado 25 de febreiro cumpríronse 40 anos do embarrancamento da Fragata da Armada Ariete na praia de Ardeleiro, en Lira.
Con motivo deste aniversario 3 daqueles naufragos achegáronse a Lira para conmemorar o salvamento dos mais de 160 mariñeiros que naquel día tripulaban o Ariete.
Nunha xornada moi emotiva, os naufragos agradeceron o pobo de Lira a maneira na que foron rescatados.
Os actos de aniverdario terán continuidde o vindeiro mes de abril con motivo da festividade da Virxe dos Remedios.
No salón de actos da Confraría pode visitarse unha exposición na que se recorda tamén aquel naufraxio que supuxo un punto e seguido na hitoria de Portocubelo. |
| Servicios de Hostelería |
| Na páxina Mardelira vimos de introducir un novo apartado adicado as infraestructuras hosteleiras da zona.
Para ver este apartado deben dirixirse a "información" nesta páxina web e poden ver información sobre este sector. |
| Caderniños Mardelira |
| En colaboración coa Cruz Vermella (Proxecto Singra),deseñáronse uns "Caderniños do Alumno" que actualmente se lle están a suministrar ós alumnos de Primaria que acuden a Mardelira para facer a "Ruta do Porto".
Este caderniño pretende ser unha ferramenta útil, que pode ser utilizada posteriormente como actividade de reforzo na aula. |