Recomendacións

Para que a súa actividade de “Turismo Mariñeiro” sexa o máis segura posible, debe cumprir os seguintes puntos:

 

  • Leve posto en todo momento o chaleco salvavidas e os equipos de protección individual que se lle entreguen.
  • Procure levar roupa adecuada ás condicións climatolóxicas que se presenten e recorde que a primeira hora do día no mar adoita facer un pouco de frío.
  • Faga en todo momento o que o patrón e a tripulación lle indiquen.

Extreme a precaución no momento de acceso á embarcación e no desembarque:

  • Accederase pola zona, onde a altura dende o peirao esté mais equilibrada.
  • Preste a máxima atención e non de un paso ata estar seguro, si tivera dúbidas consulte cos membros da tripulación.
  • O acceso e desembarque farase polas zonas que lle recomende a tripulación.
  • No momento de largado e virado das artes de pesca, sitúese no lugar que lle indique o patrón.
  • Debe ter en conta o seguinte: o barco está en continuo movemento, recoméndase antes do viaxe, tomar algún medicamento para previr os mareos. Pode solicitar biodramina ó patrón da embarcación si o precisa.
  • Bote crema solar de alta protección na pel anque estea nubrado, para previr as queimaduras.
  • Lembre que vai permanecer na embarcación á intemperie varias horas e en condicións meteorolóxicas de diverso tipo. Use gorra e beba auga suficiente.
  • No se acheguen á maquinaria de a bordo: haladores, maquinillos, carros...cando estes estean en funcionamento, e extremen a precaución cos cabos e redes...non se sitúen demasiado preto delas.
  • Non manipulen ningún dispositivo: radio, GPS, sonda, timón....da ponte de mando, sen consentimento.