É unha actividade destinada a aquelas persoas que desexen vivir unha xornada de pesca cos mariñeiros deste porto. Poderán embarcarse con eles e observar como se desenvolve a súa actividade laboral.
Esta xornada de convivencia cos mariñeiros permitiralles coñecer de primeira man as súas inquedanzas, as dificultades do seu traballo e as peculiaridades da propia fala mariñeira.
A xornada adoita dar comezo ás 07:00 h. na tasca do porto, punto de encontro dos participantes co resto da tripulación. O regreso adoita ser sobre as 15:00, rematando a xornada coa degustación dun pouco de polbo á feira e un viño na tasca cos mariñeiros.

Tódolos participantes na actividade estarán dotados do correspondente chaleco salvavidas.
A actividade suspenderase se a previsión da forza do vento é superior a forza 3.
Se a oleaxe prevista é superior ós dous metros tamén se suspenderá a actividade.
Os participantes no proxecto non realizarán actividades profesionais propias dos mariñeiros, só serán observadores.
A embarcación na que se realiza a actividade cumpre con tódolos requisitos e certificados necesarios para a realización das actividades que realiza.
A actividade realizarase sempre coa luz do día e actividade rematará, salvo casos de forza maior antes das 16.30h.