|
|
A recepción faise nunha caseta de mariñeiros restaurada que acolle unha exposición de aparellos e artes de pesca tradicionais de interese.
Os materiais son explicados polos guías facendo fincapé na dureza da vida da xente do mar e nas palabras coas que se designaban os obxectos. Esta introdución, sen ser exhaustiva, quer ser unha pincelada inicial para entrar no mundo dos mareantes...
O percorrido polo porto, ademais do contacto directo coa pesca tal e como é hoxe, permite tamén mergullarse na realidade da vida ariñeira.
Éntrase na actividade cotidiana de Portocubelo, camiñando entre aparellos e chalanas, conversando cos tripulantes dos barcos que chegan a porto.
De novo se volve a insistir no vocabulario para definir obxectos e aparellos.
No porto levantamos unhas nasas para poder estudar en directo a vida mariña.
Pequenos animais, que logo se devolven ao mar, nos facilitan unha clase de bioloxía ao aire libre.
Xa na lonxa accedemos a coñecer os sistemas de clasificación dos produtos mariños. Na lonxa de Lira trabállanse polbo, nécora e centolo, aínda que pode aparecer algunha outra especie.
Introdúcese aos rapaces no sistema de subasta por poxa e mesmo se realiza unha poxa simulada para experimentar o funcionamento.
Por último faise un foto do grupo que logo se coloca no álbum web.