É un programa dirixido exclusivamente a escolares do contorno do Porto de Lira no cal se conta coa colaboación dos centros educativos da zona.
Según o diccionario da Real Academia galega, "ISCAR" significa empregar pequenos anacos de peixe para atraer os animais a unha trampa, en particular na pesca.
De xeito metafórico, o que se pretende con este programa é atraer ós escolares do entorno da Confraría de Lira para que coñezan mellor o que é a pesca e o mundo do mar, para deste xeito fomentar o respecto polo medio mariño e o interese pola profesión de mariñeiro, tan achegada a eles pero ás veces tan descoñecida.
Neste programa desenrrolamos visitas guiadas, talleres nas aulas, proxeccións, premios ós mellores traballos escolares, etc... o longo de todo o curso escolar.
