RECOPADES: Rede de Comunidades Pesqueiras Artesanais polo Desenrrolo Sostible

É unha rede para a cooperación mutua entre comunidades de pescadores artesanais. Amosa a sua vontade de cambio mediante iniciativas orientadas ó desenrolo sostible.

A acta de constitución de RECOPADES tivo lugar o 18 de novembro de 2004 en Portocubelo (Lira).

Comunidades integrantes de RECOPADES

Confraría de Pescadores de Lira, Confradía de Isla de El Hierro, Artesanos Do Mar-Aldán (España).

Puerto Madryn-APAPM (Arxentina)

Laguna de Rocha-APALCO (Uruguay)

Caletas sustentables (Chile)

Manifesto de Lira

  • RECOPADES está aberta a outras comunidades de todo o mundoque compartan obxectivos comúns e aposten pla cooperación e por realizar esforzos para concretalos.
  • Desenrolamos accións nos campos social, económico, cultural, iolóxico co fin de uiliza racionalmente os recursos pesqueiros e lograr a dignificación da profesión de pescador/a artesanal.
  • Defendemos a pesca artesal como unha actividade que permite empregar de xeito sustentable os recursos renovables acuáticos e redistribuíndo de xeito equitativo os seus beneficios.
  • Buscamos a mellora da calidade de vidadas comunidades pesqueiras do mundo a través do fomento das pequenas economías e do desenrolo local.
  • Estamos interesados en garantizar a trazabilidade dos nosos productos para contribuir á seguridade alimentaria da poboación consumidora.
  • Desexamos comunicar, difundir e poñer en común as nosas iniciativasco resto da sociedade civil, institucións e outros sectores.
  • Reivindicamos o noso dereito a ser recoñecidos como xestores ambientais e polo tanto, a participar nos espazos corrrespondentes de elaboración de políticas de xestión dos recursos acuáticos.
Acto de constitución de RECOPADES