
IMEC (Certificado Internacional do Medio Mariño) é un proxecto que busca desenvolver un certificado para documentar as habilidades persoais medio ambientais en temas marítimos e mariños.
O incremento e diversificación da explotación dos recursos mariños debe ir acompañada dunha maior énfase nas practicas sostibles e concienciación medio ambiental. Neste senso, IMEC transformarase nunha ferramenta suplementaria para a lexislación e os sistemas de xestión medio ambiental.
Actualmente, a actividade principal do proxecto é producir a base teórica do certificado medio ambiental.