Volta a portada

infraestrutura turística

materiais para imprimir

 

Lira é unha vila mariñeira situada no extremo sur da ría de Corcubión, no comezo da Costa da Morte galega, nas terras do concello de Carnota.

Sobre un outeiro onde estivo situado un castro prerromano, o dos Miñarzos repártense as casas de Lira polas abas dos montes repousando en Portocubelo, porto aberto ás augas do Atlántico, fronte ao cabo de Fisterra.

Á beiriña do porto está a praia do Mar de Lira, que lle dá nome a este proxecto, que, por iniciativa da Confraría de Pescadores de Lira, quere buscar a dinamización dunha comunidade ata o de agora dedicada en exclusividade á explotación dos recursos mariños e que quere abrir novos horizontes á súa actividade tradicional, botando man do tesouro de sabiduría mariñeira e de riqueza natural e paisaxística que recibiu en herdanza.

Mardelira oferta actividades a desenrolar no porto de Lira e arredores, dirixidas ao público en xeral e a grupos de escolares, dirixidas á toma de contacto co mundo do mar, no contexto real da actividade cotidiana dun porto de pesca de baixura.

 
Voltar a portada Contacto informativo