Mar de Lira

É un programa aberto a calquera centro escolar interesado, onde poden participar en distintas actividades e rutas guiadas que lles permitirán coñecer a pesca e os pescadores de Lira, así como o seu contorno físico e social.

Animámoste a que fagas unha visita virtual polo noso porto.

Os centros interesados poden contactar con nós e solicitar a actividade ou ruta na que queiran participar cos seus alumnos.

Pode facerse a reserva de actividades dende esta mesma páxina web, simplemente dándose de alta como usuario.


Todas as actividades se adaptan ás idades do alumnado participante e as necesidades do centro escolar.

Unha vez recibida en Mardelira a demanda de actividade por parte do centro, enviaremos unha proposta de actividades para que poida ser consultada polo profesorado que posteriormente nos dará a confirmación correspondente.