Este proxecto lévase a cabo pola Asociación de Confrarías " O mar da fin da terra". A asociación está constituída polas confrarías de Muros, Lira, O Pindo, Fisterra e Laxe.
Naceu a principios do ano 2006 e a posta en marcha deste proxecto foi no ano 2007
Os principais obxectivos da Asociación " O mar da fin da terra" son a dinamización e revitalización económica e social do sector pesqueiro e das comunidades pesqueiras, promoción e recoñecemento social da profesión de pescador, fomento das actividades turísticas vencelladas ó mar, revalorización dos productos pesqueiros, fomentar a protección e mellora do medio ambiente e dos recursos naturais, etc...
En relación a estes obxectivos o proxecto pretende crear unha imaxe marca dos productos turísticos que algunhas das confrarías como a de Lira viña desenvolvendo de xeito individual e tratar de coordinarse para poñer en marcha un proxecto global, así como consolidar os proxectos de promoción sociocultural xa existentes e apoiar novas iniciativas neste ambito.