Información Xeral

Sobre un outeiro onde estivo situado un castro prerromano, o dos Miñarzos repártense as casas de Lira polas abas dos montes repousando en Portocubelo, porto aberto ás augas do Atlántico, fronte ao cabo de Fisterra.

A parroquia de Lira, cos seus 1.057 habitantes é unha comunidade pescadora, que se conforma arredor dos 164 pescadores e pescadoras do noso porto. O mar proporciona o 36,44 % dos empregos da parroquia, polo que somos unha comunidade altamente dependente da pesca. O mar é o noso presente e o noso futuro.

É unha zona moi tranquila e de gran interese natural e paisaxístico.

Existen varios lugares de interese á hora de visitar esta zona:

Pasear pola praia de Carnota, areal duns 7 km de longo dunha gran riqueza natura, visitar os horreos de Lira e Carnota en permanente disputa dende tempos inmemoriais polo ver cal é o mais longo, subir polas ladeiras do maxestuoso Monte Pindo, etc...