![]() |
|
|
|
A Ruta da Pesca A pesca en Galicia e en especial para a Costa da Morte é unha forma de vivir. Este mar que rebosa de vida, está cheo de lendas de cidades asulagadas, de herois e de pedras con formas estrañas que enriquecen a toponimia mariña. Cada pedra ten un nome e cada nome agacha unha pequena lenda detrás. O mariñeiro domina a xeografía mariña e sabe que peixe dá cada lugar en cada época do ano e con que arte pescalo.
O bo mariñeiro pensa como mellorar a arte de pesca ,como facer máis práctica a súa embarcación e como asegurar o futuro dos seus fillos.
Podes ver outras rutas |