
A Confraría de Pescadores de Lira, no Concello de Carnota, provincia de A Coruña é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, dotada de personalidade xurídica e capacidade de obrar, para o cumplimento dos fins e o exercicio das funcións que lle están encomendadas, que actúa como órgano de consulta e colaboración coa administración na promoción do sector pesqueiro e representa os intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estructura interna e funcionamento.
O ámbito territorial da Confraría de Lira comprende dende Punta Insua ata a desembocadura do Río Larada.
Son funcións da Confraría as seguintes: